Un robot que bate o record de tempo para resolvelo Cubo Rubik

Lembrades que hai uns meses vos subín un vídeo no que se podía ver a un rapaz resolvendo un cubo rubik en apenas uns cantos segundos?, a verdade é que era impresionante, polo menos para min que sigo tendo dificultades para rematalo.

Estes días atopei otro record de Cubo Rubik, neste caso non é unha persoa quen o resolve senon unha máquina. Xa hai tempo que un ordenador é quen de resolver este cubo en menos tempo cá unha persoa, o problema e que o facía por cálculos pero non físicamente, senón virtualemente. O abraiante deste robot é que lle dan o cubo para que o faga, o manipula coma se tivese mans, vaia, mellor que se tivese mans, non hai máis que velo:

que vos parece?

Unha fonte peculiar no medio de Chicago

Navegando pola rede atopei a reseña a unha obra de Jaime Plensa, artista español nacido no 1955. A obra consiste en dúas grandes torres-fontes de vidro con pantallas led nas que se proxectan caras de xentes de Chicago que se escolleron nunha selección feita con este propósito. Están nun parque público e foron creadas para a celebración da entrada no novo milenio. O espazo está pensado para que o público interactúe coas fontes, que disfrute delas, só tendes que ver os vídeos para entendelo. Estas grandes fontes botan auga de tal xeito que parece que esta sae da boca das diferentes caras que van aparecendo. a auga só está conectada no verán e sempre que faga bo tempo, porque molla a todos os que por alí pasan

Seguir lendo “Unha fonte peculiar no medio de Chicago”

Unha ferramenta para que fagades as vosas propias animacións

Vos presento una páxina web feita pola factoría Disney para poder crear animacións, contos, ou tarxetas a partir de imaxes, persoaxes e decorados xa creados. Aínda que vos poida parecer un pouco infantil, non é tal, e podedes probar, dun xeito moi doado e divertido a montalas vosas primeiras animacións ou contos. Se tendes dúbidas ou queredes que procuremos máis ferramentas deste tipo xa sabedes onde atoparme 😉

Qué vos parece esta destreza?

Vos deixo un vídeo sobr eo cubo Soma para que vexades de qeu vai o xogo

http://www.youtube.com/watch?v=E9Zj489xQu0

Vos deixo algunhas imaxes de posibles figuras que se poden crear a partir destas pezas:

(imaxe tomada de http://hackerdou.com/)

Tamén atopei por casualidade este vídeo dun rapaz que batiu o record mundial de completalo cubo Rubik a cegas en tan só 28 segundos e pouco máis. Tamén é un xogo con forma de cubo que nos axuda a mantela mente esperta. Volo poño porque pareceme impresionante o que a mente pode chegar a facer, non sí?

http://www.youtube.com/watch?feature=player_embedded&v=mCyYPimImyM#!

Para traballar no verán

Navegando pola rede atopei unha páxina na que, con sinxelos e entretidos xogos, vos axudan a traballar un pouco en verano. Sabedes que é importante non deixar nunca de traballar a vosa intelixencia e as vosas capacidades para conseguir sacarlle o seu máximo rendimento. Así que vos propoño que ao longo de estas vacacións lle prestedes un pouco de atención ao voso cerebro e que lle fagades traballar un pouco. Ademáis das páxinas sobre cómics que xa vos deixei e máis os programas de stop motion dos que xa falamos (se queredes consultarme dúbidas sobre eles e/ou como traballar con eles ao longo das vacacións non dubidedes en me escribir que aquí estou), aquí vos deixo unha páxina con xogos de variado para alumnado de secundaria. Disfrutadea e disfrutade das vacacións.

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/verano2011/index.html

FELIZ VERANO!!

Boas ferramentas para traballar o cómic

O cómic é unha linguaxe gráfica moi interesante para transmitir mensaxes, tan válida e tan importante como calquera outra arte gráfica. Como adoita ser relacionado có mundo dos nenos non se lle soe prestar toda a atención que merece, pero se vos perdedes un rato por unha boa tenda de cómic e vos deixades tentar un pouco pola oferta, descubriredes grandes “tesouros” en forma de historia seriada. Ler un cómic é un moi bó xeito de pasar unha tarde de domingo, por exemplo.

Pero do que  vos quero falar non é de que vaiades mercar cómic, que tamén pode ser unha gran idea, senon de que probedes a facelos.

Seguir lendo “Boas ferramentas para traballar o cómic”

Como unha boa idea é quen de mudar o comportamento da xente

Hai tempo que alguén me pasou o enlace a este vídeo. Ademáis de ser un vídeo divertido é un experimento sorprendente. É unha pequena mostra de como as boas ideas poden cambiar o comportamento das persoas e con elo o mundo. Mediante a proposta dun xogo máis dun 66% dos usuarios da estación de metro que se ve no vídeo deixan a escaleira mecánica para pasar a usar a escaleira convencional, ou quizáis no tan convencional ;-). Algo que os médicos están fartos de recomendar pero que nunca facemos porque nos pode a preguiza, se consigue con grande éxito nesta pequena proposta de xogo.



Seguir lendo “Como unha boa idea é quen de mudar o comportamento da xente”