Para traballar no verán

Navegando pola rede atopei unha páxina na que, con sinxelos e entretidos xogos, vos axudan a traballar un pouco en verano. Sabedes que é importante non deixar nunca de traballar a vosa intelixencia e as vosas capacidades para conseguir sacarlle o seu máximo rendimento. Así que vos propoño que ao longo de estas vacacións lle prestedes un pouco de atención ao voso cerebro e que lle fagades traballar un pouco. Ademáis das páxinas sobre cómics que xa vos deixei e máis os programas de stop motion dos que xa falamos (se queredes consultarme dúbidas sobre eles e/ou como traballar con eles ao longo das vacacións non dubidedes en me escribir que aquí estou), aquí vos deixo unha páxina con xogos de variado para alumnado de secundaria. Disfrutadea e disfrutade das vacacións.

http://www.educa.jcyl.es/educacyl/cm/gallery/verano2011/index.html

FELIZ VERANO!!

Deixar un comentario