Boas ferramentas para traballar o cómic

O cómic é unha linguaxe gráfica moi interesante para transmitir mensaxes, tan válida e tan importante como calquera outra arte gráfica. Como adoita ser relacionado có mundo dos nenos non se lle soe prestar toda a atención que merece, pero se vos perdedes un rato por unha boa tenda de cómic e vos deixades tentar un pouco pola oferta, descubriredes grandes “tesouros” en forma de historia seriada. Ler un cómic é un moi bó xeito de pasar unha tarde de domingo, por exemplo.

Pero do que  vos quero falar non é de que vaiades mercar cómic, que tamén pode ser unha gran idea, senon de que probedes a facelos.

Atopei, sen buscalas, estas páxinas que son diferentes plataformas para que fagades os vosos cómics, para que contedes as vosas historias, sen que vos sintades limitados polo feito de seren quen de debuxalas.

Un bó cómic non é só un bó debuxo, que tamén, é, sobretodo e ante todo, unha boa historia, é o desexo de contar algo, é unha mostra de talento, imaxinación e creatividade.

Arriscádevos intentade facer o voso cómic, contade a vosa historia, os resultados vos sorprenderán. Aquí vos deixo os enlaces para tres posibles lugares onde crear cómics:

http://www.comicmaster.org.uk

A páxina está en inglés pero enténdese perfectamente. O estilo é moi próximo aos cómics de acción tipo marvel.

http://stripgenerator.com/

Tamén en inglés pero igualmente entendible. Neste caso o estilo de debuxo que vos ofertan e máis casual, con moito que ver cós debuxos animados xaponeses pola estética e polo emprego da liña de contorno.

http://www.pixton.com/es/

Esta ten de bó que está en castelán e a entendes máis fácilmente. tedes que entrar na opción de divertirse. Pero a pega e que tendes que vos dar de alta na páxina para poder traballar. A medida que publicades e traballades nela vos dan créditos, supoño que para poder acceder a novos persoaxes ou espazos.

Deixar un comentario