Como unha boa idea é quen de mudar o comportamento da xente

Hai tempo que alguén me pasou o enlace a este vídeo. Ademáis de ser un vídeo divertido é un experimento sorprendente. É unha pequena mostra de como as boas ideas poden cambiar o comportamento das persoas e con elo o mundo. Mediante a proposta dun xogo máis dun 66% dos usuarios da estación de metro que se ve no vídeo deixan a escaleira mecánica para pasar a usar a escaleira convencional, ou quizáis no tan convencional ;-). Algo que os médicos están fartos de recomendar pero que nunca facemos porque nos pode a preguiza, se consigue con grande éxito nesta pequena proposta de xogo.



Nunca esquezades que case calquera idea que poidades ter pode ser unha boa idea, só hai que arriscarse a levala a cabo e asumir que pode sair mal, se persoas como Leonardo ou Einstein non se tiveran arriscado nas súas investigacións e houbesen asumido as ideas fallidas coma pasos cara ao éxito, nunca terían conseguido o que conseguiron.

Loitade polas ideas creativas, elas cambiarán o noso mundo!!

Deixar un comentario