As Unidades Didácticas de 3º da ESO

Aquí vos deixo as unidades didácticas para aqueles que teñades que preparar o traballo de setembro Continue reading “As Unidades Didácticas de 3º da ESO”

Advertisements

O sentido da vista

Nesta semana pasada comezamos a unidade sobre a cor tanto en 3º coma en 1º, e xurdiron moitas dúbidas sobre coma funcionan os nosos ollos, e como o noso cerebro interpreta os estímulos que percibimos. Vos deixo aquí un documental moi interesante que explica o sentido da vista. Va máis aló da percepción das cores (que tamén trata), pero creo que vos pode gustar moito:

Trazados de Xeometría IV

Estes son os últimos vídeos desta unidade sobre xeometría. Este primeiro contén o trazado dunha circunferencia a partir de tres puntos dados e o trazado de dúas circunferencias tanxentes a outra dada sabendo o punto de tanxencia sobre a circunferencia e a medida do raio das circunferencias solución que procuramos.

https://www.youtube.com/watch?v=V2p39t1M7DU

https://www.youtube.com/watch?v=eiRfirpr1VU

 

Trazados de Xeometría II

Este primeiro vídeo contén: a suma e a resta de segmentos e o Teorema de Tales. Xa sei que o teorema de Tales aínda non o fixemos, era o último trazado que deixamos para o xoves. Deixádeo que o facemos en clase.

E este outro vídeo conten a mediatriz dun segmento e máis a bisectriz dun ángulo. Como podedes comprobar nós, polo de agora, só fixemos a mediatriz. a bisectriz espero que nos dea tempo a facela o xoves.

Trazados Xeometría I

Neste primeiro vídeo podedes ver  como se trazan as liñas paralelas e as liñas perpendiculares con escadro e cartabón. No vídeo as liñas están trazadas a rotulador para que vexa mellor o trazado, pero lembrade que nós sempre traballamos con lapis moi afiado.

Este outro vídeo contén o trazado de rectas paralelas e perpendiculares empregando o compás e as regras. O enunciado dos dous exercicios que contén son:

– Traza unha recta paralela a unha recta r que pase por un punto P tamén dado.

– Traza unha recta perpendicular a unha recta s dada que pase por un punto Q tamén dado.