A Historia da empresa LEGO

Quero comezalo curso cunha curta de animación sobre a historia de LEGO a empresa de xoguetes que tanto coñecedes vos, eu, e, incluso, os meus pais. Non só é unha historia bonita en si mesma, senón toda unha mostra da necesidade de ser perseverante, de traballar e esforzarse para poder acadalo éxito. Espero que vos guste.

Agardo a vosa opinión sobre ela.

Coñezamos o novo premio Priztker, coñezamos a Souto de Moura

O pasado día 27 de marzo foi otorgado o preciado premio Pritzker ao arquitecto portugués Souto de Moura. É o segundo portugués en recibir este premio, que é coma o premio Nobel dos arquitecto e un dos máis grandes recoñecementos que un arquitecto pode recibir a nivel mundial.

Souto de Moura nace no ano 1952 e é o máis destacado discípulo de Álvaro Siza, o primeiro arquitecto portugués en recibir o premio e un dos máis importantes arquitectos do país.

Mercado de Braga, de Souto de Moura, Imaxe tomada do diario el País do día 28 de marzo

(Este é o enlace a noticia do País na que se lle fai unha entrevista ao arquitecto a propósito da entrega deste galardón.

http://www.elpais.com/articulo/cultura/premio/Pritzker/regresa/Portugal/elpepucul/20110328elpepucul_15/Tes)

Seguir lendo “Coñezamos o novo premio Priztker, coñezamos a Souto de Moura”

Un bo exemplo de arquitectura que emprega a luz como elemento construtivo

Vos deixo a entrada a un vídeo sobre unha obra dos arquitectos Jacques Herzog y Pierre de Meuron, de orixe suizo. Son dous importantes arquitectos que destacan pola súa innovación no emprego de novos materiais e técnicas na construcción das súas obras.

Seguir lendo “Un bo exemplo de arquitectura que emprega a luz como elemento construtivo”