O noso proceso de traballo

Có final de curso rematamos todo un proceso de traballo no que estivemos inmersos ao longo de máis de 5 semanas, ao longo das cales aprendemos non só sobre arquitectura e de arquitectos, senón tamén sobre elementos compositivos (a luz), composición artística e sobre estética (coa elaboración dos nosos murais), sobre a nosa cultura e outras culturas (estudando sobre o contexto de cada arquitectura vista), sobre cooperación e colaboración (coa vosa participación)

2013-06-10 10.07.25 Seguir lendo “O noso proceso de traballo”

Biografía do autor de Can Lis

Jorn Utzon, naceu en Copenhague como fillo dun enxeñeiro naval. Realizou os seus estudos na Academia Real de Belas Artes de Dinamarca. Pasou os anos da Segunda Guerra Mundial estudando con Erik Gunnar Asplund. Despois realizou viaxes extensas por Europa, os Estados Unidos e México. Ao seu regreso estableceuse como arquitecto en Copenhague.

imaxe tomada de https://en.wikipedia.org/wiki/File:Jorn_Utzon_2000_by_Ole_Haupt.jpg
imaxe tomada de https://en.wikipedia.org/wiki/File:Jorn_Utzon_2000_by_Ole_Haupt.jpg

Seguir lendo “Biografía do autor de Can Lis”

Le Corbusier

Naceu en 1887, na localidade de La Chaux-de-Founds, en Suiza co nome de Charles Edouard Jeanneret-Gris. Aos 29 años trasladouse a París onde adoptou o pseudónimo Le Corbusier, variación do apelido do seu avó materno: Lecorbésier. Seu pai dedicábase a lacar caixas de reloxos para a industria reloxeira da súa cidade natal, e a súa nai foi pianista e profesora de música.

La Villa Saboya
Imaxe tomada de http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Le_Corbusier_1933.JPG

Seguir lendo “Le Corbusier”

Valoración sobre Tjibaou

A obra de Renzo Piano é un grande homenaxe ao activista Jean Marie Tjibaou. Gustounos porque está arquitectura mézclase coa natureza .É moi orixinal e creativo. Deste proxecto se sacaron moitas ideas e é xenial o modo en que se pode facer arte a través da natureza porque aínda que moita xente non o pense a arquitectura e arte e Renzo Piano a sabe levar ao campo da arte para todos.

Antía e Sara C.

Centro Cultural Tjibaou

François Mitterrand comprometeuse a construír en Nouméa un centro destinado á promoción da cultura canaca e dedicado á memoria do líder político Jean Marie Tjibaou, asasinado en 1989. Nesta obra o arquitecto Renzo Piano xuntou as culturas do Pacífico e a modernidade.

Imaxe tomada de http://nomadaq.blogspot.com.es/2010/10/renzo-pianojean-marie-tjibaou-centro.html
Imaxe tomada de http://nomadaq.blogspot.com.es/2010/10/renzo-pianojean-marie-tjibaou-centro.html

Seguir lendo “Centro Cultural Tjibaou”

A nosa opinión sobre a casa Farnsworth

A casa pareceunos moi sinxela en canto á súa estrutura, xa que só ten 3 planos horizontais e todo o demais é cristal. Pensamos que sería díficil vivir nesta casa posto que non hai camiños para chegar ata ela, e o feito de que estea feita case completamente de cristal, faría un posible efecto invernadoiro. Por outra banda tamén podemos pensar que a intención de Mies Van der Rohe era observar a natureza dende esta casa, sería un lugar perfecto xa que esta atópase nun lugar idóneo e a súa estrutura de cristal facilita a vista.

Javier M., Xulián, Raúl e Carlos