O noso proceso de traballo

Có final de curso rematamos todo un proceso de traballo no que estivemos inmersos ao longo de máis de 5 semanas, ao longo das cales aprendemos non só sobre arquitectura e de arquitectos, senón tamén sobre elementos compositivos (a luz), composición artística e sobre estética (coa elaboración dos nosos murais), sobre a nosa cultura e outras culturas (estudando sobre o contexto de cada arquitectura vista), sobre cooperación e colaboración (coa vosa participación)

2013-06-10 10.07.25Durante a primeira parte do proxecto estivemos traballando sobre as obras escollidas e mailos seus arquitectos. Investigamos sobre a súa finalidade, o seu contexto histórico e máis cultural e sobre as súas características formais. Nesta primeira fase comezamos tamén a elaborar os artigos que logo subimos a este blogue centrados no arquitecto, na obra concreta e na vosa opinión.

2013-06-10 10.07.34Unha vez tivemos máis ou menos definido o campo teórico de traballo comezamos, en paralelo á teoría, o traballo coas cartolinas. O noso obxectivo final era o de acadar coas nosas cartolinas unhas pezas que evocaran o aspecto da obra arquitectónica sobre a que se traballou en cada caso. O voso primeiro atranco foi o de renunciar á cartolina como espazo para escribir a teoría, como estades acostumados (de feito houbo quen non puido resistir a tentación de facelo). O seguinte problema foi a norma que  vos marquei de ter que cortala cartolina para volver a recompoñela en función da forma escollida. O último problema foi de dous tipos, principalmente, aqueles grupos que non conseguían definir a forma ou que se resistían ao corte da cartolina, ou aqueles que se arriscaron tanto que non tiñan claro como reproducir só coas súas cartolinas.

2013-06-13 13.31.37

2013-06-13 13.31.43

2013-06-13 13.32.05

2013-06-13 13.32.15

Finalmente, logo de incorporamos os códigos QR de cada artigo ao seu correspondente mural, presentamos os nosos traballos aos compañeiros.

2013-06-17 10.36.00

2013-06-20 13.06.14

2013-06-20 13.13.23

2013-06-20 13.17.00

A pesar das dificultades atopadas e dos momentos de desconcerto, o proceso de traballo foi moi enriquecedor tanto para vos como para min. Ao longo destas semanas descubrimos grupos que, ao comezo do curso tiñan serias dificultades para a coordinación (non para a cooperación) con resultados impresionantes (como pasou con Le Corbusier e a súa Vila Saboye). Outros moi reticentes ao comezo do traballo por atoparse ante unha obras complexas que comprenderon tanto a obra como ao arquitecto como a cultura (é o caso de Sou Fujimoto e a súa N House ou Renzo Piano coa Fundación Tjibaou). Pero todos vos fixéchedes un grande traballo. Grazas.

Deixar un comentario