Coñezamos o novo premio Priztker, coñezamos a Souto de Moura

O pasado día 27 de marzo foi otorgado o preciado premio Pritzker ao arquitecto portugués Souto de Moura. É o segundo portugués en recibir este premio, que é coma o premio Nobel dos arquitecto e un dos máis grandes recoñecementos que un arquitecto pode recibir a nivel mundial.

Souto de Moura nace no ano 1952 e é o máis destacado discípulo de Álvaro Siza, o primeiro arquitecto portugués en recibir o premio e un dos máis importantes arquitectos do país.

Mercado de Braga, de Souto de Moura, Imaxe tomada do diario el País do día 28 de marzo

(Este é o enlace a noticia do País na que se lle fai unha entrevista ao arquitecto a propósito da entrega deste galardón.

http://www.elpais.com/articulo/cultura/premio/Pritzker/regresa/Portugal/elpepucul/20110328elpepucul_15/Tes)

Na súa arquitectura, Souto de Moura, mostra unha grande preocupación polo entorno no que se sitúan as súas obras e polo papel que a luz ten dentro dos espazos que deseña. Outro aspecto importante é que considera necesario que un edificio sexa impresionante non só pola súa presencia, senon tamén polo seu funcionamento, ten que ser unha obra perfecta tamén pola súa funcionalidade, o feito de que sexa moi chamativo é inútil se a obra presenta problemas de ventilación, funcionalidade, coherencia có seu uso…

O respecto polo entorno non só se pode comprobar en obras feitas no entorno natural, nas que quere que o espazo exterior e o interior se integren nun só elemento, senon tamén en aquelas que atopamos dentro das cidades.

Ten moitos proxectos de casas unifamiliares, onde a entrada da luz na casa, así como a integración desta no medio natural, son os elementos fundamentais:

Casa de Sancals, 1994. Imaxe tomada da páxina "epdlp, el poder de la palabra"
Dúas vivendas unifamiliares, 2001. Imaxe tomada da páxina "epdlp, el poder de la palabra"

Éstes son dous exemplos de obras integradas en entornos urbáns:

Edificio de Vivendas na rúa do Teatro, 1992-95. Imaxe tomada da edición dixital da revista "Croquis"
Torres de Burgos, 2007. Imaxe tomada da páxina "plataformaarquitectura.cl"

Tamén ten grandes proxectos arquitectónicos de uso público como é o caso do estadio de fútbol de Braga:

Estadio de Braga, 2004. Imaxe tomada da páxina "epdlp, el poder de la palabra"

ou museos coma o de Braganza:

Museo de Bragança. Imaxe tomada da páxina "arquitectura e sociedade"

é o museo de Paula Rego:

Museo de Paula Rego, Casas da Historia. Imaxe tomada do xornal "El país" do pasado 27 de Marzo

Tódalas súas obras, presentan unha apariencia moi sinxela (moi cercana a Mies Van der Rohe ou a Le Corbusier en canto á reducción aos que elementos esenciais constructivos se refire, de quen xa falamos na clase), na que sobran as decoracións excesivas, onde os propios elementos sustentates e  de peche son eliminados e substituidos por vidro, sempre que é posible, permitindo que a luz chegue ao interior dos espazos.

Se queredes ver máis imaxes sobre obras do arquitecto, na páxina da revista Croquis, da que vos deixo o enlace aquí debaixo, tendes unha boa escolma:

http://www.elcroquis.es/MagazineDetail.aspx?magazinesId=23

Deixar un comentario